jueves, 22 de mayo de 2014
Ola veciño/a:
O domingo día 1 de xuño de 2014 presentase o libro, "Cabeiro Terra de Cesteiros" despois das 12'30 do medio día, patrocinado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Comun de Cabeiro, o acto farese no salón do Centro Cultural, tal e coma se acordou por maioría na Asmblea xeral de Montes de este ano, toda casa de Cabeiro ten dereito a un exemplar gratuito, que teñen que recoller ese mesmo día, presnetando unha invitación que foi feita para este evento, se queren máis que un libro, o seguinte ten un custo de 10€, na presentación entre outras persoas contaremos con arqueólogo, D. Xoxé Couñago, que foi o encargado de traducir o libro o galego.
Este libro escrito polo veciño Amante Romero Álvarez fala dos desapercidos cesteiros e da historia de Cabeiro, tanto a Comunidade de Montes e o autor, desexan que o libro sexa do voso interes.
martes, 4 de marzo de 2014
FESTIVAIS E ACTIVIDADES DO ANO 2014
Hola socio/a, veciño/a para a túa información facemos un adelanto da programacion de este ano 2014
Mes de xaneiro, luns día 6, desfile dos réis magos, e entrega de agasallos .
Mes de marzo, domingo día 9 festival dos entroidos, con Madámas e Galans que desfilaran pola parroquia e depois música en directo, e varios sorteos de lacóns.
Mes de marzo, domingo día 16, asamblea xeral de montes.
Mes de maio, domingo día 4, festival das nais, actuan os grupos baile moderno de Vilar, baile de salón Sabor do Viso e baile moderno "Pasiños de Cabeiro", as nais serán agasalladas con unha rosa.
Mes de xuño.luns 23, fogueira de San Xoán e sardiñada, coa actuación dun grupo, músical, e o martes e mercores celebrase a festa en honor o Patron San Xoán, con misas e orquestras..
Mes de outubro, domingo día 12, festival do Pilar, actuan: teatro a Coviña, coral Raiña de Cedeira e coral Alvedosa .
Mes de novembro, domingo día 9, despois das 11 da mañá, festa gastronómica do magosto, con viño tinto novo, castañas e chourizos, actuan o seguintes grupos: pandereteiras do Viso, gaitas do Viso, baile música trad S. Vicente, gaitas Son do Castro de S. Estevo, gaitas xuveniles AS..CUL. de Chapela, pandereteiras de Reboreda, e gaitas Froles Mareliñas.
Mes de decembro, sábado día 6, coral Frol Nova CIR.CUL. de Chapela, coral o Piñeiral e banda de música de Chapela.
Mes de decembro, venres día 19 visita de Papá Noel o Centro
Mes de decembro, noite do 31 mércores para o xoves, baile de fin do ano.
Actividades que se fan diariamente:
Luns, cerrado por descanso na cafetería, pero ata o mes de xuño estase facendo un curso de corte e confección.
Martes, curso de tai-chi, e gimnasia G.A.P.
Mércores, apertura da biblioteca para leer e internet, curso de tai-chi, gimnasia G.A.P e batuca.
Xoves, de momento non hai nada programado
Venres, apertura da biblioteca para leer e internet, curso de baile moderno e pilates
Sábado, de momento non hai nada programado,
Domíngo, festivais e escursións que se vaian programando.
Durante o ano tense pensado facer varias excursións, e programar varias actividades de cursos en xeral.
A cafetería abre de martes a venres, de 14'00 a 24'00 horas, e sábados e domíngos, de 12'00 a 24'00 horas.
No mes de xuño ou xullo, tense pensado facer a festa da espuma para os nenos/as
Suscribirse a:
Entradas (Atom)